[REDECURTAS]»inicio
Plant 4
Durante os días 4 e 5 de setembro terá lugar en Vila Nova de Cerveira (Portugal) e en Tomiño (Galiza) a primeira edición das Curtas Minhotas, proxecto piloto dun evento de grande relevancia cultural.
Curtas Minhotas é un evento cinematográfico onde serán proxectadas producións portuguesas e galegas ao aire libre. Cada sesión está composta por 8 filmes, dividíndose estes en 4 curtas portuguesas e 4 curtas galegas.
O principal obxectivo de este evento é o de promover o audiovisual de ambos e dous lados da fronteira, así como tamén poder valorizar e divulgar os diferentes atractivos desta rexión miñota (Baixo Miño na Galiza, e Alto Minho en Portugal). máis información »

InicioContactoFestival ON&OFFMrMisto