La gran revelación
Director: Santiago de Lucas
Productora: Paramout Comedy
Xénero: Comedia
Sinopse:Curtametraxe baseada no exitoso programa de televisión La Hora Chanante. Julián López divírtese mentres xoga cun videoxogo baseado no programa de televisión. Todo vai ben até que un erro no sistema o deixa atrapado crendo ser Vicentín, o seu rol virtual. ¿Atopará Julián o camiño de volta ao fogar?. En La gran revelación, nada é o que parece.
El viaje de Said
Director: Coke Riobôo
Productora: Jazzy Producciones
Xénero: Animación
Sinopse: Said é un neno marroquí que cruza o Estreito de Xibraltar. Ao outro lado, no país das oportunidades, atópase cun mundo que non é tan fermoso como lle tiñan contado.
Nasija
Director: Guillermo Ríos
Productora: Ríos TV SL
Xénero: Drama
Sinopse: Nunha aldea dun país da África Subsahariana, unha muller, Nasija, é condenada segundo a lei islámica, a morrer lapidada. Viviu algún día sen dor?.
Bechos Raros
Director: Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantres
Productora: Ficción Producciones
Xénero: Comedia
Sinopse: José Luis, Eva e Raúl son tres bechos raros. Jose Luis pertence á tribu urbana dos
siniestros, Raúl é un frikie dos videoxogos e Eva unha adepta da astroloxía. Os tres habitan un ecosistema normal que lles é hostil e elixen tres xeitos diferentes de vivir a súa vida. Esa capacidade de elección é a que fai do ser humano o máis raro da natureza.
Catharsis
Director: Daniel Chamorro
Productora: Daniel Chamorro
Xénero: Comedia
Sinopse: Un home e unha muller conversan sobre a súa relación en sendas entrevistas. Dous corazóns e dous xeitos de ver a vida.