[REDECURTAS]»sobre
RedeCurtas naceu no 2003 coa pretensión de ser un sistema regular de exibición de pezas de curta duración, co obxectivo de que éstas non fiquen en caixóns, e de facer un público crítico, esixente e regular.

Mr Misto Films achega a cultura audiovisual, e o mundo das curtas en particular, cunha programación permanente e estábel, lonxe da concepción do festival necesario mais efímero. A necesidade dunha programación regular e constante para fidelizar un público que polo xeral non accede doadamente a este formato.
O avance das novas tecnoloxías e a dixitalización permite que a produción e creación se desenvolva dun xeito máis democrático ou participativo, pois os custos de produción aminoran significativamente.

Soporte dixital, esa é a palabra clave se queremos falar de redución de custos na difusión. Formatos como o DVD ou o HDV, fan que sexa posíbel difundir os traballos, ademáis de axudar a que un proxecto destas características teña cabida nun país cunha dispersión xeográfica tan determinada.

InicioContactoFestival ON&OFFMrMisto